Gary Snyder
Porque cavila baixo a capucha coma un falcón pousado,
Porque salta coma un cabalo nervioso
e as veces tírame,
Porque é vago cando está frío
Porque o plástico é un material triste e duro
que asombra aos ratos
Porque é caprichoso
Porque a miña mente voa no seu interior a través dos meus dedos
Porque salta cara adiante e atrás,
É un incansable rastrexador e
buscador,
Porque as súas teclas semellan saraiba riba da rocha
E pestanexa cando se apaga,
E xunta para min moreas de palabras,
ducias de petos de
ouro baixo bolos no fondo dos
ríos, vainas idénticas
aferradas aos descendentes, ou
amorea caixas con torcas;
E eu pérdoas e atópoas,
Porque mundos de escritura poden despregarse de golpe
e despois destacarse e esvaecerse nun intre
co “delate” e así amosa
fugacidade e dor;
E porque o meu ordenador e eu somos ámbolos dous efémeros
neste mundo, os dous torpes, con
destinos terrenais,
Porque lle deixei entrar conmigo
ao interior da tenda
E acompáñame cada mañá
Enchemos os nosos cestos, volvemos
a casa,
Sentímonos plenos,
relaxados, bótolle un fragmento
e ronronea.